🎵
Alalás Encadeados by Uxía album cover

Alalás Encadeados

by Uxía

Lyrics
E para ben cantar lixeiro
E para ben cantar cargado
Lixeiro de alento novo
Cargado do mais calado

Calado ser de meu pobo
Por siglos asoballado.
Xostregan augas e ventos
Sigue o penedo chantado.

Queda o penedo roído
Raspado e batugado.
Sólo lle quedou aquelo
Que non pode ser quitado.

Penedo roído e quedo
Por riba de ti me pranto.
Sin ti fora o mais pequeno
Por ti son o máis alto.

Galicia non te puderon
Calar e ben que o teimaron.
Se non cantas polo erguido
Asubías polo baixo

Labregos e mariñeiros
Obreiros de pan en pano
Que cando tuveron que irse
Con iles te levaron.

Alalá polo mais alto
Alalá polo mais baixo
Ailalalalalalala